|
Os algoritmos xenéticos e a programación xenética son técnicas de computación evolutiva baseadas nos procesos biolóxicos, en particular, nos mecanismos de reprodución sexual e na selección natural. Combinan o principio de supervivencia do elemento máis apto entre estruturas de secuencias cun intercambio de información estruturado, aínda que aleatorizado. Este libro, dirixido especialmente aos estudantes e investigadores interesados en procurar novas técnicas de resolución de problemas no ámbito da programación, ofrece unha asequible introducción aos conceptos clave deste campo de estudos.
|